domingo, 26 de marzo de 2017

9 de abril - bordeando a Illa de Arousa


O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza o domingo 9 de abril a ruta "Bordeando a Illa de Arousa". Está aberta a non federados.

A ruta son 24 km completamente chans rodeando A Illa por todo litoral. Dificultade: fácil.

Quedamos ás 9 en Boiro (diante de marquesiña que hai na Avda. da Constitución á altura da Casa da Cultura), ás 9:15 no aparcamento do Día en Catoira e ás 10 no aparcamento que hai a man esquerda nada máis cruzar a ponte de A Illa.

Se sae de aí en dirección a O Carreirón, unha zona virxe que forma parte do complexo de humedais Ons - Grove. Por esta zona non poden ir cans, nin atados, así que si alguén quere levalo ten dúas opcións, ou agarda na entrada unha hora, e se perde a parte máis bonita da ruta, ou deixa o can unha hora no coche porque se volve polo mesmo sitio.

Desde alí se sigue por unha zona bastante salvaxe ata chegar ao pobo onde faremos unha parada para a cervexa. Seguimos ata a punta do faro e volvemos a pasar polo pobo pero polo outro lado onde comeremos o bocata (cada un leva o seu) se o tempo o permite (se a alguén se lle fai a ruta longa aí pode atallar 4 km). A partir de aquí entramos na zona máis urbanizada, unha vez pasado o porto se colle unha pista paralela á estrada e ás praias ata o punto de saída.

Tempo estimado 6 h con comida, se vai mal día se acurtar.

Na ruta apoiamos a proposta medioambiental "coge3".

Neste enlace está o track da ruta realizada https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17171293

As fotos son de Paco 





















No hay comentarios:

Publicar un comentario