martes, 23 de septiembre de 2014

12 de outubro: Boiro - Neixón


Se sae de diante da Casa da Cultura de Boiro (marquesina Avda da Constitución) ás 9 cara a Boliña.Cruzase o núcleo e hai unha pequena pero intensa subida para coller varias pistas por piñeirais. Sobre o Qm 5 chegase a Cubeliños onde está petroglifo das cabras e un cruceiro "tipo de Loreto"(o que sepa por qué se chama así que o conte). Despois vaise por carretera dirección a Neixón todo pola costa, collense máis camiños por piñeirais e chegase ao castro.Dende alí siguese por pistas e pasase por debaixo da autovía. Vaise un tramo á beira do río Grande. Percorremos uns 200 m pola estrada comarcal ac305 e collemos o sendeiro que vai paralelo ao río Brea. Antes de chegar a San Ramón collemos un desvío en dirección a Xiao, subida por carretera para volver a coller sendeiros por piñeirais ata Treito de arriba e dende alí a Sandrenzo onde volvemos a coller algo de asfalto,1 Qm. Collemos outro camiño polo monte que nos lleva á entrada do polígono empresarial de Boiro e dende alí baixada á Casa da Cultura.
Ruta circular de arredor de 18 Qm de dificultade media. Fixo de guía Loreto
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8011128









2 comentarios: