como federarse?

información por se te queres facer socio e federarte no ano 2024:

1.- Escoller a modalidade que che interesa, ver este enlace  https://fedgalmon.gal/licenza/


2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida.

A modo de exemplo:

-Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 95 € (83 de licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 99 € (87 licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 73 € (61 licenza e 12 cota do club).

- Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 12 €

Ten en conta que hai modalidade de inclusión social (B IS), coa mesma cobertura que a licenza B nacional. Para poder tramitar esta licencia deberá aportar copia do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.

3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/EUdfasEwNt3FTfdo6

Se queres máis información podes consultar o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ , contactar a través do correo electrónico vintedouspes@gmail.com ou no teléfono 609 071 273. Toda a información referente á xestión de licencias (prezos, coberturas da póliza, protocolo de actuación e cadro médico) podes atopala en https://fedgalmon.gal/licenza/.


Que pases unhas boas festas e un próspero ano novo gozando da natureza e das montañas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario