domingo, 30 de diciembre de 2018

programa previsto para o primeiro semestre do 2019


O programa previsto para o primeiro semestre do 2019 é o seguinte:

+Poio-Samieira o 13 de xaneiro.

+Rio Toxa o 3 de febreiro.

+Forcarei o 10 de marzo.

+Cabo Udra o 31 de marzo. Aberta a non socios. Iremos en autobus.

+Monte Aloia o 14 de abril.

+Ancares o 17, 18, 19 de maio.

+Malpica – Ninóns o 9 de xuño. Aberta a non socios. Iremos en autobus.

Este programa pode sufrir variacións, cando se vaian acercando as datas as iremos confirmando.

jueves, 20 de diciembre de 2018

licenzas federativas 2019


Licenza federativa no ano 2019, se queres tramitar a licenza a través do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés hai que:

  

1.- Escoller a modalidade que che interesa Os prezos das licenzas federativas para o ano 2019 están neste enlace (este ano os prezos non varían con respecto o ano anterior en todas as modalidades)



 2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta

  ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.



 A modo de exemplo:

 -Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 79 € (nesos 79 vai incluida cota do club).



-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 83 € (nesos 83 vai incluida cota do club).



-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 61 € (nesos 61 vai incluida cota do club)



3.- Cubrir formulario neste enlace



A única novedade con respecto a ano pasado e que se introduce unha mellora nas condicións económicas para os Federados de modalidades infantís e xuvenís, que no momento que acrediten tener un Pai ou unha Nai federados, obterán un desconto do 50% no precio do seguro, e decir, pagarán as Licencias como sempre o prezo fixado no cadro de prezos axunto pola súa totalidade, e unha vez acrediten ter o pai ou a nai federado no ano 2019,  se lles abonarán as cantidades correspondentes.

MODALIDADEÁMBITO TERRITORIALDISCIPLINAS ASEGURADASINFANTÍS
(DE 0 A 13 ANOS) *2
XUVENÍS
(DE 14 A 17 ANOS) *2
MAIORES
(MAIORS DE 18 ANOS) *2
APORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOSExcursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña en ningun caso)19€40€67€
BESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOSExcursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nórdica, Splitboard e Vías Ferratas20€44€71€
CB MÁIS EUROPAÍdem as da B28€61€114€
DMUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.)Ídem as da C44€91€165€
EMUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.)Ídem as da Dxx548€
OTIDEM Á "B" (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) *1Ídem as da Bx34€50€
AUGALICIAÍdem as da B só en Galicia16€34€49€
TODAS AS LICENZAS ADMITEN SUPLEMENTOS:
BTT (+25’50€), ESQUÍ ALPINO (+34’80€), ESQUÍ DE FONDO NÓRDICO (+7€) E SNOWBOARD (+49€).
(*1) As licencias OT son Licencias tipo B só para os meses de outubro, novembro e decembro para persoas que fedéranse por primeira vez.
(*2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2018. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2018. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2018.

Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.



 Pódeste dar de alta en calquera momento do ano, pero como a validez da licenza é por ano natural o ideal é darse de alta a principios de ano.



Estar federado dache dereito a:

 

Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).

Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)

Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional

Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio

Prezos moi reducidos nos refuxios galegos

Comunicacións periódicas

Calendario de actividades

Participar en actividades divulgativas

Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña

Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es



DATOS IMPORTANTES

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.

Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.

Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.

Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.



Máis información na páxina da Federación Galega de Montañismo http://fgmontanismo.es/licenza/



Que teñas unhas boas festas e que o 2019 te traia saúde, amor e ... rutas con encanto.

jueves, 13 de diciembre de 2018

Parabéns a José Manuel González Santamaría

Parabéns ao noso socio José Manuel González Santamaría por quedar primeiro na categoría veteranos B no Campionato Galego de Carreiras por Montaña no 2018 da Federación Galega de Montañismo.
http://fgmontanismo.es/campionato-galego-de-carreiras-por-montana-fgm-2018/
a foto é da 5ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña en Arcos-Ponteareas

lunes, 3 de diciembre de 2018

Ruta do CMBVintedouspés do 16 de decembro do 2018 polo castelo de Vitres (Boiro)



Percorrido con dificultade media-alta. subindo pola beira dos ríos Coroño, Acevedro e Cachopo, ata chegar a o lugar de Mosquete onde camiñaremos por una Calzada Romana ata o Castelo de Vitres, da época da Idade Media, continuando ata a Portela onde facemos a variante circular de novo a Mosquete.

Distancia 16Km, aprox.Tempo de ruta previsto 4,30h.













sábado, 17 de noviembre de 2018

actividade especial do CMB Vintedouspés 17, 18. 19 de maio do 2019 por Ancares

QUEDAN MOI POUCAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NOS ANCARES, SE QUERES ASISTIR ANTES DE FACER O INGRESO CONTACTA CON NOS PARA VER SE QUEDAN PRAZAS.

CANDO SE CUBRAN TODAS AS PRAZAS CREAREMOS UNHA LISTA DE RESERVA E SE HAI ALGUNHA BAIXA PODERÁN ANOTARSE.

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza 3 días de sendeirismo por OS ANCARES. Esta é unha actividade especial do Club para os días 17, 18 e 19 de maio do 2019. Xa sabemos que falta moito, pero por cuestións de disponibilidade hai que reservar con tempo.

Aloxarémonos no Hotel Piornedo (Piornedo-Lugo). O aloxamento é en habitación dobre, quen non teña compañeiro, amigo ou parella o club pode propoñer distribución das habitacións, se hai quen queira habitación individual pode reservar pola súa conta.

Está previsto realizar as seguintes rutas:

Venres 17 Refuxio Ancares-Tres bispos-Cabanavella.

Sábado 18 Porto Ancares-Cuiña-Penalonga-Mustallar-pico lagos-piornedo

Domingo 19 Porto Ancares-Miravalles-Balouta. De volta para o Barbanza se da tempo daremos un paseo polo bosque dos Grobos en Becerreá (bosque kárstico moi raro de atopar en Galicia).

Dependendo dunha serie de factores estas rutas poden ser cambiadas por outras se o club o considera convinte.

 

Quedamos en Boiro ás 7.40 horas para sair ás 7.45 horas, outros puntos de encontro: ás 8 antes de entrar na autoestrada en Padrón con dirección a Santiago, ás 9.45 estación de servicio O Corgo na A-6 ou ás 11 no refuxio Ancares, cerca de Campa da Braña.



Gastos da viaxe por persoa:

- 2 noites no aloxamento antes mencionado 60 €.

- 2 medias pensións (venres e sábado) 40 €.

-Non federados: seguro para 3 días.



 Para apuntarse nesta viaxe:

 - Hai que ingresar por persoa na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita:

              100 € socios do club.

              110 € federados doutro club.

              115 € non federados (faráselles un seguro).



- Mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe de OS ANCARES, nome, apelidos, teléfono e indicando con quen vai durmir ou con quen lle asigne o club e tipo de cama (matrimonio ou xemelgas).



-Cubrir formulario


Prazo: ata o 5 de febreiro so poden apuntarse socios do club, despois -se sobran prazas- ábrese o prazo a nos socios ata o 15 de febreiro. As prazas son limitadas reservarase por orde de inscrición. Se podes non deixes para o final a inscrición pois igual cúbrense as prazas antes e así podemos ir confirmando a reserva co aloxamento.

O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.

Cada un ten que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas enerxéticas) para as rutas do venres, sábado e domingo. Hai que levar auga para as rutas e calzado axeitado para andar por montaña.

Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se devolverán os cartos das ceas, sempre que se avise con 3 días de antelación. Excepto si se anula por unha causa de forza maior e hai persoas de reserva que ocupen o seu sitio, nese caso excepcional devolverase a totalidade.

Se te inscribes estate atento ao blog e o xoves 16 de maio pola tarde revisa por se hai algún cambio de última hora.



Información das rutas:

Albergue Ancares Tres bispos Cabanavella.

Partimos do Refuxio dos Ancares, situado a unha altitude de 1420 metros, seguimos pola pista, ao comenzo asfaltada, ata chegar a unha bifurcación. Continuamos pola pista da esquerda que vai paulatinamente ascendiendo entre paisaxe aberta de monte baixo.

Ao pouco tempo pasamos por unha fonte, comenzan a aparecer as primeiras árbores. Chegamos á Campa de Ortigoso, primeiro punto de referencia.

Continuamos o camiño en ascenso moderado ata chegar á Campa do Tres Bispos, con vistas aos picos: Tres Bispos, Penedois, Charcos, Corno Maldito, Lanza e Mostallar. Á dereita veremos o inconfundible perfil do Penarrubia.

Desde a campa comenzamos o ascenso por un sendeiro ata chegar á base do pico. Aquí comenza a dura subida final que nos conduce ao cume do Tres Bispos, cos seus 1792 metros. A paisaxe especial: á esquerda os principales picos da serra; de frente a lagoa de As Charcas onde nace o río Porcarizas xunto á Cabana de Pérez; e á dereita a maravillosa Vega dos Boyes que nos dirixe a Porcarizas e ao Campo de Agua, xa en terras leonesas. O nombre de Tres Bispos, conta a lenda, que lle foi dado por ser lugar de reunión dos bispos das tres diócesis limítrofes de Astorga, León e Lugo.

Descendemos ata a Campa de Brego desde a Campa de Traba. Desde ali e por unha pista e en medio dun bosque de Acivos subimos de novo a Albergue Ancares por Cabanavella (descrición feita por Chuchi00).  Sobre 17,5 km, desnivel acumulado de subida 659 m, desnivel acumulado de subida 659 m, duración estimada 6 h., dificultade media alta.

Porto Ancares Cuiña Penalonga Mustallar pico Lagos Piornedo.

Saida desde o porto de Ancares, iremos bastante do percorrido polo cordal de Ancares, iremos pasando primeiro polo Cuiña, teito de Ancares con 1.987 metros, seguindo logo a Penalonga e tras baixar á Mallada de Mustallar, subiremos este pico que con 1.934 metros de altitud é o teito da provincia de Lugo e seguiremos polo cordal ata o pico Lagos. Logo de baixar de novo ata a Mallada de Mustallar collemos o camino que nos leva a Piornedo. Sobre 15 km, desnivel acumulado de subida 770 m, desnivel acumulado de baixada 1350 m, duración estimada 6 h., dificultade media alta.

Porto Ancares Miravalles Balouta.

Tratase sen dúbida dunha das rutas máis fermosas de alta montaña que se poden realizar en ancares, nela podremos ascender ao segundo pico máis elevado da sierra: o Miravalles, con 1969 metros de altitud.

Se poidéramos describila con duas palabras diríamos que toda ela é un espectáculo visual: gran parte do  percorrido discurre pola línea de cumbres desde a que podemos contemplar “a vista de paxaro” extraordinarias paisaxes a ambos lados da montaña, divisando os vales de Ancares e de Balouta na zona leonesa, o val de Rao en lugo, as montañas máis elevadas do Bierzo e os lonxanos pobos de Tormaleo e Villares no concello de Ibias en Asturias.

Por último, teremos a ocasión de visitar un dos últimos pobos de Ancares que ainda conservan as tradicionais pallozas: Balouta, cunha bonita paisaxe rodeado de montañas e situado no fondo dun antigo val glaciar (descrición feita por Club Acivro). Sobre 10,2 km, desnivel acumulado de subida 437 m, desnivel acumulado de baixada 968 m, duración estimada 4 h. e media, dificultade media.

Relación de inscritos
1.-Lita
2.-Anxo
3.-Viru
4.-Moncho Vázquez
5.-Pilar Burke
6.-Moncho Rey
7.-Fita
8.-Rosa
9.-Berta
10.-Francisco Gabriel
11. Manolo Pedreira
12. Javier Abuin
13. Chus
14. Marita
15. Loreto
16. Loli Oliveira
17. Montse
18. Paco
19. Eduardo
20. Conchi
21. Beatriz
22. Lucila Milagros
23. Sabela
24. Mª José Gude
25. Rufina
26. Fernando
27. Ánxela
28. Maribel
29. Pili Oliveira
30. Mario
31. Seoane

martes, 16 de octubre de 2018

Ruta Castro de Doade e comida Cocido de Lalín



Esta ruta está rexistrada pola Federación Galega  de Montañismo co número PR-G210
É unha ruta circular de aproximadamente 14km. Cunha duración estimada de 4horas.
Atopamos nesta andaina unha antiga rede de camiños A Via da Prata a Compostela, a igrexa románica de San Xoan de Vilanova, o roble monumental de Soutolongo, moiños e pontellas, así como carballeiras e camiños que acompañan as eixes dos ríos Asneiro e Lebozán.
Unha ruta fácil e agradable que  remata co famoso cocido de Lalín no restaurante Museo  Casa do Patrón, e os seus postres caseiros típicos da zona.
Logo, despois da comida visitamos o Museo Casa do Patron (con mais de 4.500 pezas de exposición), a Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade e a Casa Castrexa.

Neste enlace hai fotos de Eduardo da ruta https://drive.google.com/drive/folders/1HdJREuLJnq6TAszQLdIEMTwEZPsNJYzf
































As fotos son de María, Eduardo e Paco.

domingo, 12 de agosto de 2018

San Xoan da Cova (Vedra) o 2 de setembro



Esta ruta discorre pola marxe dereita do río Ulla, aproveitando camiños de paso, sendas de pescadores e sendeiros xa marcados.
Distancia: 12,3 km
Tempo: 3 h e media
Dificultade: baixa
Punto de saída miradoiro de Gundián, punto de chegada: área recreativa de Cubelas

O inicio da ruta localízase no miradoiro do Gundián, a uns 100 metros sobre o nivel do río, que permite unha visión incomparable do Ulla estreitándose no Paso da Cova, baixo a ponte do ferrocarril, e continuando logo o seu percorrido ata perderse ao lonxe. Dende aquí a ruta baixa, como non podía ser doutro xeito, paralela ao río e cruza o lugar da Ponte Ulla. A pouca distancia atopamos no noso camiño un muíño de singulares características, o muíño de Reboredo, provisto de cinco moas: unha para o xofre, unha albeira só para trigo, e outras tres para outros cereais.
A seguinte parada é na área de recreo de Agronovo, en terras de Santa Cruz de Ribadulla, onde se pode descansar un anaco para repoñer forzas. Durante as fins de semana de xullo e agosto é posible alugar unha piragua ou unha barca típica do Ulla para dar un paseo polo río. Continuamos outro pouco ata chegar á área de recreo do Coto de Ximonde, en San Miguel de Sarandón, un dos cotos de salmón máis importantes de Galicia, convertido hoxe nunha estación ictiolóxica de cría e reprodución. Máis adiante agárdanos a área de recreo de Cubelas, en San Pedro de Sarandón, que pon o punto e final a este fermoso percorrido polo Ulla. (información facilitada polo Concello de Santiago-Turismo).

Ao chegar a un viveiro de plantas, principalmentes arces xaponeses visitamos un pequeno museo adicado á pesca no Ulla.


Neste enlace de Wikiloc está o track da ruta (non está posta polo noso club en Wikiloc ao xa estar outras colgadas) https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/p-r-g-36-ruta-de-san-xoan-da-cova-12053657