lunes, 26 de junio de 2017

23 de xullo, Ribeira do Ulla e Tres rios (Touro)


Puntos de encontro:
Ás 7.45 diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda da Constitución).
 Ás 8.05 no aparcamento do Hotel Escala (cerca de Padrón).
Ás 9 na área recreativa de Santaia (Touro).

Distancia aproximada: 19,8 km.
Duración estimada: 5 horas e media.
Dificultade: media-baixa.

O 95% da ruta discurre por sombra. A ruta será lineal (non circular), deixaremos algún coche no final da ruta e outros no inicio.

Esta ruta é unha variante de unir os sendeiros pr-g 93 (senda do Ulla) e pr-g 121 (tres rios), o pr-g 93 non se fai completo, uns 2 km antes de rematalo se sae da ruta para ir ao lugar de Fao (punto final desta ruta)

Empezaremos a andar no lugar de Santaia (área recreativa) e iniciaremos a ruta pola beira do rio Lañas, posteriormente iremos polo rio Beseño e remataremos no rio Ulla.
Ten 2 partes claramente diferenciadas:

A dos rios Lañas e Beseño son camiños estreitos con continuas subidas e baixadas, hai bosque autóctono ben conservado e numerosos muiños, veremos a fervenza Salto das Pombas.

A do rio Ulla discurre por bos camiños de bosques autóctonos de sobreiras e carballos principalmente, zona de especial protección dos valores naturais, dentro da Red Natura 2000, sen grandes desniveles. Veremos varios muiños , antigas ouriceiras e a fervenza do Inferniño.


Tempo estimado 5 horas e media. A dificultade puxemos facil por estar feita no verán, si se fai noutra época con chuvias a dificultade sería moderada pola primeira parte da ruta.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Os que vaian asistir estade atentos ao blog o sábado 22 de xullo pola tarde por se hai que facer algún cambio no plan previsto.

Agardamos que a ruta sexa un baño de natureza en estado puro e un pracer para os sentidos.

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18825857

As fotos son de Moncho (Noia) e Moncho (Rianxo ou Imo).


Estreando camisetas

















Fervenza do inferniño



domingo, 25 de junio de 2017

Parabéns aos nosos socios Moncho e Concha

Parabéns aos nosos socios Moncho e Concha por participar na andaina dos 100 km e facer moi bo tempo: 100 kilómetros en 18 horas e 45 minutos.

Se hai máis socios que participaron mandade email e foto e ampliamos os parabéns.