martes, 21 de marzo de 2017

Andaina de Guláns (Ponteareas) - 1ª proba da Copa Galega de Andainas de Media Distancia




OLLO!!!! a noite do sábado 25 para o domingo 26 hai cambio de hora, ás 2 hai que poñer que son as 3.  

Vamos a ir algúns socios do club á andaina de Guláns (1ª proba da Copa Galega de Andainas de Media Distancia), xa o informamos anteriormente (haí que inscribirse e pagar previamente, data límite 22 de marzo ás 24h  http://www.gulans.com/andaina15/), 

Quen queira vir con nos desde Boiro (ou rotonda do Te en Rianxo), quedamos ás 6.55 diante da Casa da Cultura de Boiro (onde sempre). 

Dos que están anotados, quen queira vir con nos deberá contactar no teléfono 609 071 273 (Moncho) para quedar e organizar os coches (compartiremos os gastos do coche)  

Aconsellamos -a quen as teña- levar camiseta do noso club.

No hay comentarios:

Publicar un comentario