martes, 19 de julio de 2016

Sábado 27 de agosto, atardecer e nocturna por Corrubedo e Tahume.


Por mor dunha lesión vémonos na obriga de suspender a ruta.  Desculpade as molestias.

Puntos de encontro ás 21 horas (9 da tarde) diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución, e ás 21.25 horas faro de Corrubedo.

Empezaremos a ruta seguindo a costa paralelos ás praias de Balieiros e Espiñeirido, despois duns 6 km iremos ata a aldea de Seráns e ascenderemos ao monte Taúme, onde se o tempo o permite disfrutaremos dunhas impresionantes vistas e aproveitaremos para facer unha parade e mirar as estrelas e as constelacións.
Continuaremos polo monte ata a praia da Ladeira e Corrubedo e voltaremos ao punto de inicio, o faro de Corrubedo.
Arredor de 15 km, dificultade: media-baixa, duración estimada: arredor de 4 horas e media.

Ao ser unha ruta nocturna convén que cada persoa leve a súa lanterna, o ideal para sendeirismo son as lanternas frontais, van na frente e deixan as mans libres, casi non se vai por carretera, pero se podes trae chaleco ou algo con material reflectante.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Si te apuntas, o sábado 27 ao mediodia revisa o blogue de Vintedouspés http://vintedouspes.blogspot.com.es/ por se xurde algún problema e hai que realizar algún cambio na actividade.