sábado, 26 de noviembre de 2016

Actividades da Federación Galega de Montañismo

11 de decembro - dia mundial das montañas: andaina pola serra do Pindo. máis información http://fgmontanismo.es/dia-internacional-das-montanas-serra-do-pindo/

FORMACIÓN DEPORTIVA PARA FEDERADOS. Xaneiro 2017

Iniciación á Escalada Deportiva en Rocódromo – A Coruña (Rocódromo Municipal de Riazor)
Iniciación ao Alpinismo (Peña Ubiña)

Montañismo Invernal (Peña Ubiña)



miércoles, 9 de noviembre de 2016

domingo 4 de decembro. Península do Grove


a proxima ruta do CMB Vintedouspés será o domingo 4 de decembro e irá pola península do Grove, será unha ruta que vaia a maioría do tempo cerca do mar.

Puntos de encontro: HORA 8,30 EN BOIRO E 8,45 NO CRUCE DA ESTRADA DE CESURES A VILAGARCIA, ONDE HAI UNHA GASOLINEIRA DE REPSOL EN CATOIRA.

comenzamola ruta na praia de Raeiros - Paxareiros (nunha zona que hai unha explanada longa para aparcar), en San Vicente do mar iremos atravesando o monte por pistas forestais ata chegar a ooutro lado da peninsula.
atoparemos  a punta Moreira onde pasaremos por diante do aquariun, un pouco máis adiante atoparemos esculturas de diferentes autores relacionadas co mar, atoparemos varias praias, máis adiante poderemos ver a illa Pombeiro e a illa de Sálvora , seguimos costeando pola península do Grove, máis adiante bordearemos un destacamento militar (abandoado) pero no que ainda están canons da segunda guerra mundial, en funcionamento ata fai poucos anos. Seguimos por diferentes praias é nautico de San Vicente por unha pasarela de madeira que nos leva de volta o punto de inicio.

DIFICULTADE BAIXA
TEMPO 5,30 HORAS

LONXITUDE 20KM

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html


Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.


Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Fomos seguindo este track de Grancalili http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10797011

As fotos son de Paco


























asemblea xeral ordinaria

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés convoca a tódolos socios/as para a celebración da asemblea ordinaria que terá lugar o domingo 20 de novembro ás 10:30 da mañá en primeira convocatoria e ás 11 en segunda convocatoria na Casa da Cultura de Boiro.

Orde do día
1-aprobación da acta da asemblea anterior
2-aprobación das contas
3-Valoración da marcha do club ao longo do 2016
5-Programación de rutas e actividades para o ano 2017
5-Rogos e preguntas



Nota: a asemblea empezará ás 11 da mañá pois ás 10.30 (1ª convocatoria) non haberá quórum.