viernes, 17 de junio de 2016

domingo 17 de xullo: Laxe – Arou (Costa da Morte). Ruta de portas abertas


Domingo 17 de xullo: Laxe – Arou (etapa do Camiño dos Faros, Costa da Morte).

Información da ruta
Distancia: 18 km, dificultade: Media-baixa

A etapa comeza en Laxe, desde alí, diriximonos ao Faro por la Ruta da Insua. Desde o faro temos unha ampla panorámica da Ría de Corme e Laxe e de toda a ruta que nos espera ata chegar a Camelle.

Moi cerca do faro, disfrutaremos de duas curiosidades da naturaleza: a Furna da Espuma e a Praia dos Cristales. A partir de aí, iniciamos unha senda que nos levará ata o Peñón de Soesto, cunhas impresionantes vistas de toda a Ruta da Insua e da praia de Soesto. Despois percorrecomos a Punta de Catasol e a Praia de Arnado, para chegar á praia e as lagoas de Traba, onde podemos contemplar gran cantidade de aves.

Desde Mordomo, ao final da praia de Traba, sale un camino que nos llevará por outra paisaxe espectacular deste Camiño dos Faros. En dirección a Camelle vamos polo mundo das grandes pedras ata chegar á cala de Sabadelle, antigo porto baleeiro.

Camelle é outro punto clave da ruta. Entramos pola praia e pequeno porto pesqueiro para chegar ao muelle onde están os restos do Museo de Man. Desde alí, o final da etapa levanos por pequenos camiños costeiros ata Arou, onde termina esta intensa ruta do Camiño dos Faros.

Seguimos o track dos Traski (Camiño dos faros) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7514126 , fixeron de guias Javi, Concha, Moncho (Rianxo-Taragoña) e Chus.
En comentarios podedes dicir o que máis vos gustou, o que menos, ...






















PEDRA

Tensas as veas
tódolos meus átomos prensados nun bloque
frío
e quente
duro
e brando
ríspido
e lene
ermo
e vizoso
¿Que sol pode derreterme?
¿Que xiada pode agretarme?
Tódolos raios estrélanse contra a miña coiraza gris
Non hai barreno que me estoupe,
nin panca que me erga,
rodo que me rode costa abaixo cara ó soño?
¡Canta imobilidade eterna!
¡Canto tarda en pasar unha vida de granito!
¡Canto tarda en morrer unha vida de granito!

Poema de Cesar Antonio Molina no libro "El fin de Finisterre. Viaje a Costa da Morte"









Domingo 3 de xullo do 2016, Cuntis: Castrolandín e ríos Umia e Gallo.


O domingo 3 de xullo, Cuntis: Castrolandín e ríos Umia e Gallo.
Puntos de encontró ás 8.15, como eses días Boiro está en festas quedamos noutro sitio de Boiro, na Boqueira de A Negral (Avda da Constitución, Praza con aparcamento cerca da piscina), e ás 8.45 no cemiterio de Cuntis.

Ruta de senderismo de 15 km. aproximadamente que transcurre bastante so seu perecorrido pola beira dos ríos Umia e Gallo. Tempo estimado arredor de 5 horas e cuarto. Dificultade: esta ruta de esforzo físico é media, pero tede en conta que ao ir pola beira dos ríos hai certos puntos que son técnicamente algo complicados, non é perigoso, pero hai que ir con coidado, polo que é importante levar calzado axeitado para andar pola montaña.

Saida do cemiterio de Cuntis (dende o Barbanza ao chegar a Cuntis, hai un cruce con semáforo, hai que coller á dereita e a uns 100 m. está o cemiterio). Seguimos a rúa da Palma, pasamos o cuartel da Garda Civil e a 50 metros collemos cruce a esquerda, ao pouco deixamos o asfalto e comenzan os camiños de terra ata o final do percorrido. Seguimos polo Pazo, collemos a esquerda e subimos polo regato da Patela, cruzamos o rego para visitar o castro de Castrolandín, volvemos cara o Patela para aascender ao alto de Laxos. Dende aí seguimos o camiño para chegar a pedra do Furado, baixamos pola carballeira e collemos o camiño que nos levará ata Xinzo. Despois seguimos cara Rebordelo e dende ahí baixamos xa para o río Umia. Pasamos a piscifactoria e seguimos sempre pola marxe do río pasando os muiños da Louriña, a ponte de Olimpio, o aserradero de Novo, a desembocadura do río Gallo no Umia e ahí seguimos xa pola marxe do río Gallo, pasando os pasos da Taboada, o Muiño da Taboada, o Muiño de Meira e A Louriña, a Ponte de Nieto, Pasos de Meira e chegada a Cuntis, saindo diante da gasolineira e volvemos ao punto de inicio.

A cria atopada, despois de recibir coidados durante 3 días xa poido voar e foi posta en liberdade.


Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13906465