lunes, 30 de noviembre de 2015

13 de decembro: Selva negra - Granxa do Xesto - río Xarela (Santiago)


lonxitude 14 km. tempo estimado 4 horas, dificultade baixa.
Hora de saída de Boiro (diante da Casa da Cultura): 8.30 horas. Hora de saída de Santiago - Restaurante - mesón O almacén: 9.30 horas.
Deixaranse os coches no aparcamento que hai ao lado do aparcamento do restaurante-mesón O almacén na rúa Sarela de Abaixo.
Baixaremos cara o río Sarela e veremos un espectacular muiño en fase de restauración, seguimos un tramo polo río ata a ponte Sarela e as ruinas das antigas fábricas de curtidos.
Comezamos a subir cara a Selva negra,un bosque autóctono galego que foi propiedade privada e agora pertence ao concello de Santiago, veremos unha fonte pertenecente á finca que fora da familia Daporta.
Seguiremos camiñando por sendeiros ata chegar á granxa do Xesto, parque con estanques na ladeira do monte Pedroso, continuamos a ruta por camiños  desde onde teremos unhas bonitas vistas de Compostela ca súa marabillosa catedral e chegaremos de volta ao río Sarela. Neste tramo veremos muiños, pontes, curtidurías, lavadoiros, unha taberna e as ruinas do pazo do Espiño. Neste tramo veremos a importancia que tiveron as ribeiras do río no desenvolvemento da cidade e agora bastante esquecido.
Fixeron de guías Juan e Puri. Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11671063



























lunes, 9 de noviembre de 2015

Domingo 29 de novembro asemblea de socios/as do CMB Vintedouspés

Estimado/a socio/a:

        O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés convoca a tódolos socios/as para a celebración da asemblea ordinaria que terá lugar o domingo 29 de novembro ás 10:30 da mañá en primeira convocatoria e ás 11 en segunda convocatoria na Casa da Cultura de Boiro.

Orde do día
1-aprobación da acta da asemblea anterior
2-aprobación das contas
3-Elección de presidente e xunta directiva
4-Valoración da marcha do club ao longo do 2015
5-Programación de rutas e actividades para o ano 2016
5-Rogos e preguntas

Se desexas presentarte á directiva ou presentar una lista propia
envía un email a vintedouspes@gmail.com antes do 25 de novembro, indicándoo.


Nota: a asemblea empezará ás 11 da mañá pois ás 10.30 (1ª convocatoria) non haberá quórum.

  
Un cordial saúdo da directiva do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés


sábado, 7 de noviembre de 2015

22 de novembro Outes - rio Donas


CMB Vintedouspés 22 de novembro Outes - rio Donas
Como a ruta prevista en principio para este día era a do rio Artes e o máis probable é que esté en mal estado faremos esta outra.

Son 15 km, con saida cerca da casa rural de Roque, desde alí se vai cara Lavacolla por unha corredoira de castiñeiros e carballos. Desde a aldea se empeza a subir por unha pista ata chegar a unha aldea, baixamos ao río Donas e seguimos río arriba por un sendeiro pola beira d río (se está desbordado hao unha corredoira paralela) e despois un poco sin camiño ata enlazar con esa corredoira. A partir de aí empiezamos a subir con 1km un pouco duro por pistas pero moi bonito. Volvemos  cruzando outra vez o río Donas polo mismo sitio de antes e paralelos, por máis corredoiras de carballos e castiñeiros, ao camino de ida.
A ruta vai por sitios que non teñen nada que envexar a Ancares ou Courel, é fácil menos por esa subida duriña, a parte do final ten auga e barro.

A saida ás 9 en Boiro e ás 9:30 na gasolinera de Cepsa que hai á entrada de Outes para ir todos xuntos ao punto de saida.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11485902

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica, pero como está rematando o ano non compensa federarse agora, é millor agardar a principios do ano que ven pois é por ano natural  http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/03/licenzas-federativas.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.