martes, 31 de marzo de 2015

licenzas federativas 2015

Quen desexe ter licenza federativa no ano 2015 debe:

- Escoller a modalidade que che interesa (ver cadro que hai a continuación).

- Ingresar a cantidade que corresponde + 10 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

- Enviar un email a vintedouspes@gmail.com cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, email, teléfono, data de nacemento e nº de DNI.


Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.

Estes son os prezos das licenzas federativas para o ano 2015

Neste enlace da Federación Galega de Montañismo ven máis información (a que da dereito estar federado, coberturas,...) http://fgmontanismo.es/licenza

lunes, 30 de marzo de 2015

19 de abril: Pedra do Cadro. Vilar. Bornalle (Esteiro - Muros)

O domingo 19 de abril faremos a ruta: Pedra do Cadro. Vilar. Bornalle (Esteiro - Muros)
Puntos de encontro: ás 8.30 en Boiro (hai que ser puntuais, na última saída chegamos con retraso a Negreira), Avda da Constitución,diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9.25 en explanada antes de cruzar a ponte, enfrente do Banco Pastor en Esteiro.
Son sobre 13 km, a dificultade é moderada (media)
Saimos de Esteiro, pasando pola igrexa e aldea de Solleiros, empezamos a subir por camiños empedrados ata unha curiosa pedra con petroglifos, despoís pasaremos por unha cova e subiremos ata Pedra do Cadro, cunhas impresionantes vistas da Ría de Muros - Noia. Baixaremos ata as aldeas de Vilar e Bornalle que teñen moitos horreos, iremos un tramo pola praia e xa nos adentraremos no monte para chegar a Solleiros e de aí á ponte de madeira que hai en Esteiro. A ruta foi preparada por Juan.
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9440003
























lunes, 9 de marzo de 2015

actividades de sendeirismo doutras entidades

Andaina solidaria Illa de Arousa. Domingo 15 de marzo. Máis información http://www.deportesdemonte.com/andaina-solidaria-illa-de-arousa/

Camiño dos faros, 5º edición, 1ª etapa 22 de marzo. Máis información http://www.caminodosfaros.com/ya-esta-en-marcha-la-5a-edicion/   https://www.facebook.com/guiacostadamorte   http://www.caminodosfaros.com/

Nesta páxina está o calendario de actividades da Federación Galega de Montañismo para 2015
http://fgmontanismo.es/wp/wp-content/uploads/CALENDARIO_ACTIVIDADES_FGM_2015.pdf

8ª andaina Bisbarra do Sar. Sábado 25 de abril, 50 km, en 2 aneis de 27 e 23 km. Prezos:
1 Xaneiro - 20 Marzo
Non federados 13 €
Federados Montaña 10 €
21 Marzo - 21 Abril
Prezo único: 17 € 
Máis información neste enlace http://andainabisbarradosar.blogspot.com.es/p/a-proba.html

**********************************************************

II ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN - 16 DE MAIO DE 2015
CARBALLEIRA DE SANTA MINIA - 9:00 HRS.
PREZOS: 10€ DENDE O 15 DE MARZO ATA O 15 DE ABRIL*
    14€ DENDE O 16 AO 30 DE ABRIL*
INSCRICIÓN: Na web da proba ou presencialmente na piscina municipal cuberta de Brión.
LUGAR: Carballeira de Santa Minia (Brión)
HORA DE SAÍDA XERAL OU PARA O 1º ANEL: 9:00 H.
RECOLLIDA DE DORSAIS: A PARTIR DAS 8:15 H.
INFO:  A ruta será social, non federada e non competitiva, ainda así haberá unha empresa que se encargue de rexistrar os tempos de cada participante.
CIRCUITOS: Ao igual que na primeira edición a andaina vai constar dun total de 50 Qm. que os participantes NON teñen porque completados todos, para elo distribuese en tres aneis con inicio e final na Carballeira de Santa Minia. Así os participantes poden facer as distancias ao seu antollo combinando os aneis como desexen (eso sí, haberá que respectar uns horarios minimos e máximos para cada un deles):
    1º ANEL: 14Qm,    2º ANEL: 22Qm,    3º ANEL: 14Qm
Máis información http://andainaterrasdealtamira.blogspot.com.es/

********************************************************
27 de xuño ruta do colesterol de 50 km (Boqueixón) http://www.rutadocolesterol.com/
               -Ata o dia 16 de Mayo os prezos serán:
13 € para federados
16 € para non federado
-Dende o 17 de Mayo ata o 23 de Xuño sera Prezo unico de 17 €
-Ata o dia 16 de Mayo os prezos serán:
13 € para federados
16 € para non federado
-Dende o 17 de Mayo ata o 23 de Xuño sera Prezo unico de 17 €



domingo, 8 de marzo de 2015

29 de marzo ruta dos tres pazos (Negreira)

O 29 de marzo o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a RUTA DOS TRES PAZOS (Negreira). O percorrido son 18,8 km aproximadamente, a duración estimada sobre 5 horas, dificultade media - baixa, pero tede en conta que son case 19 km., fixo de guía Manolo.

VISITANDO:
Pazo do Cotón, fortaleza medieval, reformada no século  XVII
Paseo Fluvial Rio Barcala, senda de zahorra de 2 kms de recorrido o carón do Rio Barcala.
Refugio de pescadores de Cobas, área recreativa para o esparcemento dos vecinos.
Monte Bergando, donde están as instalación da Granxa Escola Bergando.
Aldea de Fontemiróns, pequeña aldea no cumio do Monte Bergando.
Bosque do Quenllo, fermoso “bosque encantado” de árbores autótonos.
Pazo de Baladrón, construido entre os anos 1945 e 1955
Ponte Maceira, a “ponte vella” de orixen romana, foi reformada nos séculos XIII e XVIII
Pazo de Albariña, de Varela ou do Capitán, séculos XVI-XVIII

RUTA
 Saída do Campo da Feira, hacia o Paseo Fluvial “Rio Barcala”, ata chegar o Refuxio de Pescadores de Cobas: 2 kms.
Continuaremos por detrás do polígono industrial a carón do Rio Albariña, e  por detrás das instalación polideportivas de Pedra Mamoa ata chegar o lugar de Duomes de Abaixo, A Baña: 2,750 kms.
Subiremos o Monte de Bergando ata chegar o lugar de Fontemiróns, A Baña: 2,820 kms.
Dende a aldea de Fontemirón, chegaremos a un fermoso “bosque encantado”, o Monte de Quenxo poboado de árbores autóctonos, e atravesando a sua finca, chegaremos o Pazo de Baladrón, 2,700  kms.
Pazo nón moi importante, pero si preto dún dos  currunchos mais fermoso de Galicia: A Ponte Maceira, despois seguiremos ata debaixo da Ponte Nova, 2,72 kms.
Aquí nos desviamos pola ribeira do Rio Tambre, por una senda de pescadores, atravesada por varios regatos e que en algúns lugares pode ser vertixinosa, pero moi fermosa,  ata chegar o Pazo de Albariña 5,410 kms.
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9231109





















Pazo do Cotón

Pazo de Baladrón

Monte de Quenxo

Pazo de Albariña



miércoles, 4 de marzo de 2015

domingo 8 de marzo ruta por Caamaño - regato Corzo (Porto do Son)


Puntos de encontro ás 9 en Boiro (diante da Casa da Cultura) e ás 9:30 na ponte  medieval de Caamaño (Porto do Son).Son 14 km máis ou menos, dificultade media -alta. duración estimada 4 horas
Se sae da ponte medieval, cruzase Caamaño e empezamos a subir durante 2 km ata a lagoa, ten un repecho de 200m duros. Desde alí baixase cara QUEIRUGA, desviámonos por un camiño -.corredoira cun trozo moi embarrado porque estiveron talando. Chegase a unha carretera e vemos un petroglifo. Chegamos á carretera xeral e collemos cara a capela de Pedra Furada, onde collemos un antigo camiño que sube paralelo ao regato de Corzo pasando por dous muiños en moi mal estado. O camiño son uns 600 m, os 200 m primeiros están ben, despois hai 200 m que os devorou as xestas e os toxos e que se convertiron nun regato cando chove. Mollaremos os pes e pincheremonos ao 100%. O último tramo volve a estar ben. Unha vez arriba collese un sendeiro que cruza varios regatos e un petroglifo, ata chegar ao petroglifo das cabras que xa vimos noutra ruta. Desde alí baixase ata Esparrelle, Caamaño e a casiña.
Loreto fixo de guía.
Neste enlace está o track da ruta por se a queres facer http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9033733