jueves, 26 de febrero de 2015

Licenzas federativas 2015

Quen desexe ter licenza federativa no ano 2015 debe:

- Escoller a modalidade que che interesa (ver cadro que hai a continuación).

- Ingresar a cantidade que corresponde + 10 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

- Enviar un email a vintedouspes@gmail.com cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, email, teléfono, data de nacemento e nº de DNI.

Damos de prazo ata o 25 de marzo (posteriormente daremos outros prazos).

Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.

Estes son os prezos das licenzas federativas para o ano 2015

Neste enlace da Federación Galega de Montañismo ven máis información (a que da dereito estar federado, coberturas,...) http://fgmontanismo.es/licenza/

AVISO IMPORTANTE

Na asemblea de socios/as ordinaria celebrada o 22 de febreiro ás 11 horas na Casa da Cultura de Boiro acordouse co obxectivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes dos sendeiristas que a partir de finais de marzo deste ano para asistir ás rutas do club será requisito indispensable estar federado en montañismo. Os socios que pagaron a cota do 2015 e non queren federarse se lle devolverán os cartos. Se eres socio/a do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés e tes pagada a cota do 2015 e non queres federarte podes solicitarlle a algún directivo ou a través de email a devolución desa cota.

Na próxima ruta (8 de marzo) poderase asistir como se viña facendo anteriormente e explicarase este asunto.

Para federarse hai unha entrada neste blogue que se explica como hai que facer. Se tes dúbidas podes poñerte en contacto co club.


Este aviso se manda tamén por email aos socios/as, se eres socio/a e non o recibes, mandanos un email a vintedouspes@gmail.com

domingo, 8 de febrero de 2015

Asemblea ordinaria de socios/as do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés

Convocatoria da asemblea ordinaria o día 22 de febreiro ás 10:30 en primeira convocatoria e ás 11 en segunda convocatoria na Casa da Cultura de Boiro.
Orde do día
1-aprobación da acta da asemblea anterior
2-aprobación das contas
3-programación de rutas e actividades
4-responsabilidade nas rutas
5- rogos e preguntas


Nota: a asemblea empezará ás 11 pois ás 10.30 non haberá quórum.

Aviso: enviaronse emails aos socios coa convocatoria da asemblea, se eres socio e non recibiches ese email, mándanos un email a vintedouspes@gmail.com para que te incluamos no listado.