domingo, 28 de diciembre de 2014

para facerse socio e da cota do 2015


Para facerse socio/a do club deberás mandar un email indicando que queres facerte socio co teu nome, apelidos, teléfono e dirección de correo electrónico a vintedouspes@gmail.com e ingresar 10 € de cota anual na conta do club en Abanca ES2520800310553000121101. Senón podes dese xeito tamén podes pagar a cota nunha das saídas de Vintedouspés.

Os que xa son socios teñen ata o 16 de febreiro para pagar a cota do 2015.

viernes, 19 de diciembre de 2014

licenzas federativas 2015

Quen desexe ter licenza federativa no ano 2015 debe:

- Escoller a modalidade que che interesa (ver cadro que hai a continuación).

- Ingresar a cantidade que corresponde + 10 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

- Enviar un email a vintedouspes@gmail.com cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, email, teléfono, data de nacemento e nº de DNI.

Damos de prazo ata o luns 9 de febreiro.

Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.

Estes son os prezos das licenzas federativas para o ano 2015

Neste enlace da Federación Galega de Montañismo ven máis información (a que da dereito estar federado, coberturas,...) http://fgmontanismo.es/licenza/

martes, 16 de diciembre de 2014

sábado 27 de decembro pola tarde ruta apta para nenos

Día: 27 sábado. Hora:15 h. Remate: sobre 18,30h. Lugar: Capela de San Roquiño, Lousame
Ruta: 4,8 km, circular, dificultad: Sinxela

Boas!

Xuntamonos na capela de San Roquiño e saimos maiores e pequeños nunha ruta de senderismo ben sinxela. Tanto foi que os rapaces non lle chegou a nada. Son Uns Campeons, e tamen o digo polo seu comportamento.
O rematar e amenazando choiva, merenderos chocolate e bizcochos, mentras se preparaban os personaxes da obra de teatro " O secuestro de Papa Noel" que fixo que os pequenos puxeran toda a sua  atención e os maiores se botaran unas risas.
O obradoiro non se fixo por non alargar mais a actividade. Queda pendiente para outra ocasión.
Espero o pasaras ben e gracias por vir.