jueves, 23 de octubre de 2014

Quen se vai federar para o ano que ven?

CANDO A FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO INFORME DAS CONDICIÓNS EXACTAS PARA O 2015 AS PUBLICAREMOS NO BLOGUE E AS MANDAREMOS AOS QUE SE VAN FEDERAR.
Necesitamos saber cantas persoas do club van querer federarse á Federación Galega de Montaña para o ano que ven. Para federarse os maiores de 18 anos teñen que pagar na modalidade A (sendeirismo,...) 51 € ao ano (esta cantidade é a de 2014, contase que para o ano que ven sexa similar) e tería un seguro para actividades de montaña e sendeirismo (quen  queira ver as coberturas, condicións e clausulas que no las pida por correo electrónico), Aparte tería que pagar os 10 € de cota anual do noso club.
Así que se vas querer federarte mandanos os teus datos (nome, apelidos, nº dni, data de nacemento e nº de teléfono)  por correo electrónico.




Se tes dúbidas ponte en contacto con nos.


APARTE DE TER UN SEGURO PARA ACTIVIDADES DE MONTAÑISMO E/OU SENDERISMO ESTAR FEDERADO DÁCHE DEREITO A: 

·         Participar con preferencia nas actividades federativas
·         Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
·         Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
·         Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
·         Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
·         Comunicacións periódicas
·         Calendario de actividades
·         Participar en actividades divulgativas
·         Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
·         Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es

 No seguinte cadro vai desglosado máis información da licencia federativa (modalidades, disciplinas, idades e prezos). 

LICENZA FEDERATIVA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO PREZOS E COBERTURAS 2014 SEGUROS – ZURICH
MODALIDADE
ÁMBITO TERRITORIAL
DISCIPLINAS
ASEGURADAS
Infantís
(de 0 a 13 anos) (2)
Xuvenís
(de 14 a 17 anos) (2)
Maiores
(maiores 18 anos) (2)
A
ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS
Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo (Sen incluir a Alta Montaña en ningun caso)
15 €
30 €
51 €
B
ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS
Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña,  e Vías Ferratas
17 €
35 €
56 €
B1
IDEM A B
Ídem a B máis Esquí Alpino e Bicicleta de Montaña (BTT), Snow de montaña, e Splitboard
22 €
41 €
64 €
C
B MÁIS EUROPA
Ídem as da B1 máis Telemark e Canicross
28 €
49 €
90 €
D
MUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.)
Ídem a C
40 €
72 €
131 €
E
MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E  MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.)
Ídem a D
397 €
405 €
419 €
OT
IDEM A B (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) (1)
Ídem as da B
x
x
37 €
OT1
IDEM A B1 (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO)(1)
Ídem as da B1
x
x
43 €
(1) As licencias OT e OT1 son Licencias tipo B e B1 soio para os meses de outubro, novembro de decembro para persoas que federanse por primeira vez.
(2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2014. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2014. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2014.

lunes, 13 de octubre de 2014

9 de novembro, ríos Pedras, San Xoán e Barbanza


O domingo  9 de novembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta circular: ríos Pedras, San Xoán e Barbanza. Foron sobre 14 Qm, dificultade media-alta, duración aproximada 5 horas.
Os puntos de encontro foron ás 9 menos 20 na parada de autobús diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 na explanada onde remata a carretera que vai dende a Pobra do Caramiñal ata Aldeavella, zona das piscinas do río Pedras.


Esta preciosa ruta iniciase no río Pedras, dirixímonos cara a ponte medieval da Miserela e iremos ata unha piscina do río onde se xuntan o río Barbanza e o San Xoán, pasando a chamarse a partir de aí río Pedras, pasamos por onde houbo un convento de franciscanos, e iniciamos unha dura subida por un sendeiro que vai paralelo ao río San Xoán, tamén chamado dos tobogáns, nun quilómetro se ascenden aproximadamente 250 metros de altitude, por elo esta ruta é de dificultade media-alta, hai máis subida, pero xa con pendentes normais. As vistas da ría de Arousa son espectaculares. Como o curso do río está pechado de silvas e toxos desviámonos á dereita cara a uns muíños de vento na serra do Barbanza, ao alto do Castelo, pasamos por diante do curro das Cañizadas e dirixímonos cara o río Barbanza, cruzamolo na Portela, iremos paralelos ao río Barbanza pero máis altos, polo alto do Salgueiro e baixaremos por sendeiros e algunha pista ata Entrerríos, dende aí tivemos algo de asfalto e algo de subida para chegar ao final da ruta. Respecto a altitudes, empezamos a uns 160 metros de altitude e o punto máis alto é arredor de 590 metros.

Fomos 48 pés, entregaronse os carnés de socios/as, tivemos unha mañá bastante boa a pesar de que choveu algo, e os ríos levaban bastante auga, estaban espectaculares. 

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8461901

Quen o desexe pode pinchar onde rematan as fotos e pon "No hay comentarios" ou "comentarios" e contar algo da ruta (o que máis lle gustou, o que menos, que lle pareceu, ...).
piscina río Barbanza

río San Xoán

río San Xoán

río San Xoán



alto do Castelo

mirador cañón río Barbanza


Entrerríos