martes, 22 de julio de 2014

17 de agosto: Obre - San Lois - Portosín

O domingo 17 de agosto o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta circular Obre - San Lois - Portosín, Os puntos de encontro foron ás 8 e media en Boiro - diante da Casa da Cultura e ás 9 en Obre - na esplanada que hai diante de Bacalaos Ferro.

Frron sobre 17 km, dificultade media, os seis primeiros kilómetros son duros, duración estimada 4 horas.

Dende Obre subiremos ao monte San Lois polo camiño Real, baixaremos a Camboño, e despois dirixirémonos ao monte que hai por riba de Portosín, baixaremos ata o porto e Portosín e voltaremos ao Obre polas praias de Gaivotas, Pardinas, Boa e Testal.

Fixeron de guías Mariola, Favi e Manoli.


















Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7593162

Neste enlace de coge3 sobre esta saída https://www.facebook.com/coge3/posts/1520518018182529


Perfil da etapa


miércoles, 9 de julio de 2014

actividades de sendeirismo doutras entidades

O grupo de sendeirismo do Centro Cultural de Taragoña organiza unha ruta de sendeirismo nocturna o sábado 12 de xullo de arredor de 13 Qm. O punto de saída é diante do Centrro Cultural de Taragoña - Campo de Pazos (Taragoña) ás 10 da noite.

*********************************************

O Concello de Rianxo organiza andaina nocturna circular o venres 18 de xullo, que discorre polo término municipal de Rianxo. Percorre as parroquias de Rianxo, Taragoña e Asados.
Vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto).
A andaina partirá da praza Castelao as 22:30 h.  para completar un percorrido circular de aproximadamente 15 km.  de nivel medio/baixo.
A inscrición será gratuíta e poderá formalizarse nos pavillóns polideportivos e no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.es).
Mais información e inscricións no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo (981.86.63.81).


                                   *********************************************

O Concello de Boiro (Turismo) organiza no verán 8 rutas de sendeirismo, 
Cada ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de 
Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654