martes, 27 de mayo de 2014

15 de xuño "O río Ulla desde Pontevea (Teo)"

O domingo 15 de xuño o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta "O río Ulla desde Pontevea (Teo)"
Os puntos de encontro foron ás 8 e 20 diante da Casa da Cultura de Boiro e na ponte vella de Pontevea (Teo) ás 9. 
É unha ruta circular de dificultade media-facil, na primeira mitade non hai moita sombra, e na segunda mitade iremos moito pola sombra, son arredor de 16 km e levou arredor de 4 horas. Fomos 56 pés.
A maior parte da ruta discurre polo Concello de Teo, pero tamén se vai algo polo de Vedra. A ruta empeza cruzando a pontevella, despois vamos paralelos ao Ulla ata a burga de Xermeade (augas sulfurosas) e ao pouco separámonos do Ulla para pasar polo lugar de Vilar, santuario e cruceiro de Santa Marta, lugares de Campos e Noceda, cruzaremos o rio Pereiro pola ponte Pedreira feita con cartos de emigrantes polo ano 1925, igrexa de Trobe, e volvemos ao Ulla, seguindo paralelos a él ata volver ao punto de inicio, pasando pola carballeira de Agromaior (pero non se conservan moitos carballos, está bastante invadida por outras especies).
Algunhas persoas do grupo seguiron apoiando a iniciativa medioambiental "coge3", como se pode ver na última foto desta entrada e neste enlace https://www.facebook.com/coge3/posts/1499915696909428
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7107878





















O Concello de Teo ten esta información sobre a Pontevella de Pontevea e a burga:
A ponte de Pontevea é medieval, do século XV, e está situada na parroquia de Reis, sobre o río Ulla, marcando o límite entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. Chegase ata ela, collendo a estrada autonómica entre A Estrada e Santiago de Compostela.

Esta ponte sufriu moitas reformas que testemuñan os encontros entre xenerais na Guerra da Independencia e as inundacións que chegaron a destruílo. O último arranxo fíxose a principios dos anos noventa, xa que foi a única vía de paso ata que se construíu a nova ponte paralela sobre a que discorre o trazado da actual estrada.



Conta con seis arcos con bóvedas oxivais considerados de transición do románico ao gótico: tres arcos semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados. Os vértices suavizan a presión das augas.



A burga de Pontevea está situada nas proximidades da ponte nova que cruza o Ulla. Consiste nunha fonte cun cano que vai a un estanque circular. Os veciños contan que un cura do lugar, coñecedor das propiedades das augas, mandou construír unha casa de baños (hoxe en ruínas), e xunto a ela unha fonte e unha piscina para que os pobres se puideran beneficiar delas.



Nesa época a fonte era de uso público pero coa morte do crego unha familia da zona fíxose cargo dela pretendendo privatizala. O pobo presentou un preito pola propiedade do manancial e gañouno. A instalación da liña do oleoduto Vigo - A Coruña, a escasamente 20 metros, cortou a veta que abastecía de auga á fonte. As presións dos veciños tiveron como resultado que se levaran a cabo as labores precisas para a súa restitución.



As augas desta fonte termal son sulfuradas -cloruradas sódicas-, xorden cunha temperatura de 15ºC e utilízanse basicamente nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario