lunes, 25 de marzo de 2013

7 de abril, Variante Castelo de Vitres e Chans do Barbanza


Puntos de encontro ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 .15 en Escobias (cerca de Mosquete - Boiro).
Ruta: Variante de Castelo de Vitres e Chans do Barbanza. Kilómetros aproximados: 13. Duración prevista: 4 horas. Dificultade: media-alta.
Deixamos os coches en Escobias, cerca de Mosquete (Boiro), empezamos a andar ata Mosquete onde collemos rumbo cara o Castelo de Vitres por un camiño distinto ao habitual con bonitas vistas da ría, pero resultou que o único que se viu foi a neboa que nos acompañou case todo o tempo, levabamos a ruta no GPS senón sería imposible orientarse, foi unha ascensión pequena pero dura, con bastante pendiente, por este tramo a ruta é de dificultade media - alta, o resto da ruta é de dificultade moderada, despois seguimos ascendendo pero con menos pendiente, cruzando o rego Pequeno, pasando por Porteliña e Braña de Leis, chegando cerca da aldea da Figueira, cambiamos o sentido da marcha cruzando as Chans do Barbanza, ata aqui a ruta foi máis ou menos ben con neboa e chuvia pero sin frio, en cambio ao cruzar as Chans o frio aumentou e a chuvia tamén, foi a ruta de Vintedouspés na que máis frio se pasou e eso que estamos a principios de abril, se souperamos que iamos pasar tanto frio nas Chans cambiariamos o plan e en vez de facer as Chans iríamos por outro sitio, fomos por Campo dos cregos, Fieiteiro e a Portela, descendemos cruzando o rego da Portela, por unha pista que nos levou directo a Escobias, neste descenso variamos a ruta prevista, acortamos a baixada, para chegar antes ao coche pois estábamos non sei se todos pero si bastantes destemplados, algúns ata a tarde non entramos en calor. De altitudes partimos de 230 metros en Escobias e o punto máis alto é a Porteliña que está a 574 metros, o punto máis baixo da ruta está contra o final da ruta a 167.
Despois de 2 anos e medio facendo rutas volvemos a ser como o primeiro día, fomos vintedouspés os que realizamos a ruta, neste caso tamén houbo 4 patas pois acompañounos Rus.
Unha empresa está analizando a conveniencia de crear un parque eólico na zona da Porteliña, hai un anemómetro de moita altura colocado e coa néboa nin o vimos. Haberá que repetir outro día a ruta para disfrutar desa zona antes de que empecen a instalar os muiños de vento.
As fotos son de Paco.

Temos esta ruta descargada en wikiloc, nela podedes apreciar tamén o perfil.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4238192












lunes, 18 de marzo de 2013

24 de marzo, apta para nenos/as de 5 anos en adiante

Día: 24 domingo

Hora: As 9:30

Lugar: Ardeleiros (Fruime) Casa do Xan.

Roteiro: 4km

Circular

Por mor de que a semana pasada foi o día mundial das árbores e a vindeira será Pascua fixéeronse as seguintes actividades:

Empezamos a mañá coa elaboración da rosca de Pascua, no obradoiro da panadería. Coa masa fixemos as trenzas, deixamos repousar 2 horas, mentras aproveitamos para sair, xa que a choiva nolo permiteu, a facer a ruta e recoñecer as árbores do noso entorno. Carballos, castiñeiros, sobreiras, acivros, pinos, acacias, mimosas, laureiro e eucaliptos foron as árbores que os máis pequenos tentaban atinar co nome axudados dos seus acompañantes. De volta, na casa rural "Do Xan" fixemos unha mostra en cartulinas onde colocamos as diferentes follas cos nomes das árbores ás que pertencian. Voltamos á panadería, onde as roscas xa levedaran. Démoslle un baño de ovo co pincel e adornámolas con zucre humedecido. Listas xa para o forno armámonos de pala e.... adentro, cada un meteu a súa :)) Para completar a mañá fixemos un mural con fotografías de árbores antes nomeadas, dos seus froitos, paisaxes (Courel, Fraga do Eume), etc; que quedaron expostas no interior do merendeiro da casa "Do Xan". Despois dunha mañá de tanta actividade o único que nos quedaba era sacar as roscas do forno. Ao chegar atopámonos coa axuda dun panadeiro que se encargou de sacárnolas. En canto as ía sacando a todos se nos puxo cara de expectación para ver como quedara o traballo que cada un de nos fixera. Rematamos sobre a hora prevista, sobre as 13.40 horas. Axudou moito que a panaderia e a casa " Do Xan" estén ao lado unha da outra. Agradecementos:
 Supermercado Jefama (Noia)
 Panadería Manolo Urille
 Casa do Xan (Manolo Urille, en Ardeleiros)
 Concello de Lousame (departamento de cultura) e tamén a todos os que viñestedes a participar aínda que fixera mal tempo.






Fotos de Moncho e Rosa

actividades de sendeirismo en Semana Santa doutras entidades

Os concellos de Lousame e Boiro veñen de deseñar en colaboración un ruta de sendeirismo para o vindeiro 30 de marzo, coincidindo co sábado da Semana Santa. Trátase dun tramo da ruta “Río Grande – Río Beluso” que enlazará co municipio veciño de Lousame ata chegar ás minas de San Finx. Un percorrido de12 km e duración estimada de 4.30 horas, que ten o punto de partida na Capela de San Ramón de Bealo. É unha ruta cunha variada gama de paisaxes onde o visitante entra en contacto con diferentes tipos de bosque como os da ribeira do río Beluso, a panorámica da desembocadura á ría dende monte Seixiño (monte Castelo-Fruime). Asemade, poderemos ver en funcionamento un dos poucos muíños de río que quedan en funcionamento pola zona e, ao remate, visitaremos tamén o museo das minas en San Finx. Haberá un servizo de autobús que fará os traslados de San Finx ata San Ramón e de San Finx a Boiro ou a San Ramón. A ruta ten unha cota de inscrición de 3 euros e poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654 e na Oficina de Deportes de Lousame (Germán), no mail deporteslousame@gmail.com ou no teléfono 981820494 Oficina de Turismo. Praza de Galicia, s/n. Horario Semana Santa: De xoves a domingo, de 10:30 a 14:00 h