miércoles, 19 de junio de 2013

outras actividades. 30 de xuño

Ruta San Lourenzo- Muiño do Caparucho

Ol@!!!

O próximo día 30 pola mañá volvemos a saír  e disfrutar das nosas paisaxes.

Comenzaremos as 9,30h da mañá no Parque  de San Lourenzo (Confurco-Lousame) cunha ruta de 13kms (circular) para maiores. Discurrirá por pistas forestais, camiños de carro, corredoiras e carballeiras. Ademais de boas vistas, si o tempo acompaña veremos un muiño centenario "O do Caparucho" cerca da aldea de Gandarela. O seu nome da unha pista da súa singularidade pero mellor si podedes e que veñades e o vexades vos mesmos. Sobre a 13,30 xa teremos rematado.

"Ó TEU CARÓN"(programa de actividades en familia, dende 4 anos)

Queremos invitarche a vir pasar a mañá do domingo día 30 de xuño ca túa familia .

Faremos unha actividade o aire libre ralacionada cas árbores no Parque de San Lourenzo (Confurco- Lousame). Para esto contaremos ca axuda e explicación dunha rapaza  inxenieira forestal e agrónoma.
Logo sobre as 10,30 sairemos a camiñar.A nosa peque-ruta  é de kms, asi que é faciliña.
Ireivos contando unha historia da que se fala nas aldeas dos arredores sobre un lugar polo que vamos a pasar e tamén xogaremos ca imaxinación a ver  figuras nos distintos outeiros que nos vamos atopar.
Xa de volta faremos un xogo de pistas  no Parque, donde pequenos e grandes participaremos.
Esperamos que ahora que estades de vacacións non vos de pereza levantarvos  e veñades 

ESPERÁMOSVOS 

martes, 18 de junio de 2013

outras actividades

Marcha V Travesia das Fragas do Eume (Club Caxado de As Pontes)

DATA: DOMINGO 7 DE XULLO DE 2013
 
Opcións 19 ou 30 km
 
Posibilidade de Canoa no tramo final do encoro.
 

lunes, 3 de junio de 2013

saída domingo 16 de xuño beira do Ulla (Touro)

A saida foi na área recreativa de Ponte Santaia , preto de Touro.Esta ruta é a combinación do  PR-G121 (Ruta dos tres ríos)e boa parte da PR-G93 (Ruta da Ribeira do Ulla). Ambas son rutas lineais, atopándose unha a continuación da outra, pero as unimos para facela circular aproveitando uhna serie de estradas (sen transito) e camiños . Comezamos o percorrido denominada Ruta dos Tres Rios que transita case na sua totalidade por un espeso bosque de ribera. Despois duns  10 km unímonos a Ruta da ribeira do Ulla que percorre  unha extensa carballeira e fixemos unha parada para xantar. Despois seguimos o noso camiño entre sobreiras e carballos e visitamos a fervenza do inferniño .Esta parte é máis de pista de terra.
Foron uns 22km moi levadeiros e tivemos moita sorte co tempo.
este é o enlace da ruta en wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3900800