jueves, 22 de marzo de 2012

Actividades de sendeirismo doutras entidades

O Club de montaña O Caxado organiza o domingo 8 de xullo IV travesía Fragas do alto Eume, 19 ou 28 km (con opción a facer un tramo en canoa).
Máis información e inscricións no telf. 681 365 713 e
http://clubmontanacaxado.blogspot.com.es/2012/06/blog-post_03.html

O Concello de Brión organiza actividades de sendeirismo 3 sábados nos meses de marzo, abril e maio
http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/pdf/Sendeirismo_Ruta_Tambre_web.pdf
http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/pdf/sendeirismo_abril_maio_2012.pdf
Inscricións e información 981 50 99 08.

A piscina de Rianxo organiza un fin de semana de sendeirismo no Caurel (5 e 6 de maio) e o Camiño de Santiago por etapas dende Baiona (empezan o 12 de maio), para inscricións e máis información no teléfono 981 86 0086.

martes, 13 de marzo de 2012

15 de abril Vilacoba - Toxosoutos - Brandia



Antes de nada destacar a puntualidade nas horas previstas e tamén a axuda e compañeirismo que tivemos uns con outros nos tramos máis complicados.
Os puntos de encontro foron ás 8.40  diante da Casa da Cultura de Boiro, e ás 9 na Casa do Concello de Lousame (Portobravo. A dificultade foi alta, houbo que ter certa axilidade e resistencia. A duración aproximada foi 6 horas (andando cos descansos incluidos).
Iremos en coche ata o inicio da ruta, deixaremos aos que non son conductores e levaremos coches para onde remata a ruta, o punto do inicio e o de remate están cerca indo en coche.

A ruta comenzou na Ponte de Vilacoba, contando 62 pes e 4 patas :)) para ir subindo ata a aldea.

 Encontramonos no paso unha mina de auga que esta a beira da pista que leva a minicentral. Xusto o chegar de novo o rio baixamos e subimos as duas escaleiras que nos deixan diante dela, onde. atentamente Samuel -encargado do edificio e do entorno- nos atendeu gustosamente as nosas curiosidades.
Monte arriba por un camiño empedrado centenario fomos a dar ao pequeno encoro que data de 1920 despois de ir por un fermoso e agradable paseo a caròn do canal.

Saindo da zona de vexetación alta pasamos polas pradeiras de Servia para ir en ascensión ata o monte Culou (478m) e despois de baixar, chegar a marxen do rio San Xusto e ata o seu entorno (fervenzas, ponte romanico, carballeira) do Mosteiro de Toxosoutos e seguir camiño abaixo ata Cabanetán onde a ruta volta á beira do San Xusto. Este pequeno tramo non é doado de camiñar xa que ten bastante desnivel e pouco sitio para poñer os pes, así que aquí axudados nalgún sitio por unha corda pasamos aínda que máis de un levou de recordo unha "cuada" :)), sin máis.

Xusto rematando este tramo está a papeleira de Boña semioculta pola vexetacion e xa máis abaixo (arredor de 500m) está a das Maceiriñas, ben visible por situación e dimensións (para información sobre as papeleiras poñede/buscade en internet "Asociación Buxa").

Camiñando un pouco por monte voltamos a beira do rio Vilacoba donde fixemos unha paradiña para que algúns dos camiñantes poideran ver a papeleira de Fontán, para despois rio abaixo rematar en Brandía.

Agradecemento unha vez máis o concello de Lousame pola colaboración (limpeza nalgún tramo) e a Samuel (encargado da minicental) pola sua amabilidade.



Se tedes fotos da ruta para compartir, enviadeas ao noso correo electrónico, despois as poñeremos no blogue.