lunes, 13 de febrero de 2012

11 de marzo Rio Te - A Muralla

 O domingo 11 de marzo fixemos unha ruta circular por terras rianxeiras, a ruta Río Te e A Muralla. encontrámonos ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 e 20 no aparcamento da Parrillada Barbanza, queda na carretera Ribeira - Padrón, indo dende Boiro, despois da recta do Araño e queda a man esquerda. Acercámonos nos coches ata a aldea de Ermida, xunto unha area recreativa con columpios.
 
A ruta de andar foron sobre 16 km, a duración (de andar con paradas incluidas) foi sobre 4 horas e media; empezamos a 130 metros de altitude, o inicio da ruta vai pola beira do río Te onde había unha alfombra marrón de follas de carballo, pasamos polo fermoso enclave, o Pozo Bastón, polas aldeas de Ferrería e Campelo, e rematamos a ascensión en A Muralla con 679 metros de altitude, disfrutamos das vistas e Daniela nos contou unha lenda do Pozo Gastón (http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1551&n=o_pozo_bast%F3n).Baixamos por outra zona, pasando pola aldea de Vilar.  Dificultade: media-alta. 
Esta ruta foi marcada pola mancomunidade de municipios Arousa Norte e o Concello de Rianxo, parabéns por esa iniciativa. As fotos son de Paco