Ponte das Taras |
Dificultade: media-alta. Duración estimada 5 horas. Kilómetros: 15, 6.
Iniciamos a ruta en Rosomil, que está a 90 m de altitude, dirixímonos á Ponte das Taras, río Lerez, ascendemos pola Costa de San Paio na Serra do Barbanza, a altitude máis alta nesta ruta é de 529 m, e chegamos ao Río Barbanza, a unha zona onde fai un bonito canón, posteriormente dirixímonos á Portela e descendemos polas aldeas de Piñeiro e Montaña para volver a Rosomil (ruta circular).
Convén levar calzado axeitado (dependendo do tempo, podemos atoparnos con lama e auga) e tamén recomendamos levar algo de bebida e algo para picar (froitos secos, froita, bocadillo ou barrita enerxética).
Para anotarse chamade por teléfono ao número 615 637 227 ou mandade un email vintedouspes@gmail.com .
Prégase ser puntuais.
Deberase respetar o medio ambiente.
Rio Barbanza |
IMPORTANTE: Vintedouspes é un grupo de amigos afeccionados ao sendeirismo, non hai ningún seguro que cubra posibles imprevistos, cada un que dos participantes nas saídas se fai responsable de si mesmo. No caso de que alguén lle interese ter un seguro para estas actividades aconsellamos que se faga socio da Federación Galega de Montañismo.
Rio Lérez |