martes, 18 de enero de 2011

domingo 20 de febreiro do 2011 Aldea Vella - A Portela (Pobra)

O domingo 20 de febreiro do 2011, 44 valentes pes fixeron unha preciosa ruta de certa dificultade e nubes con moi mala pinta, choveu pero pouco rato (ao inicio e ao final) e no alto foi unha pasada o vento que facía, pero ningún saiu voando.
O punto de encontro foi ás 9.30 horas diante da Casa da Cultura de Boiro, fomos en coches ata a zona de Aldea Vella (Pobra do Caramiñal) e andando subimos ata A portela, onde picamos algo. Chegamos aos coches  (ás 2 e pico) de volta a Boiro uns chegaron sobre as 2 e media e outros sobre as 3 e media pois paramos a tomar unhas cañas con garbanzos e callos na Pobra. Ao estar mal tempo paramos menos e chegamos antes do previsto.
A ruta foi circular e foron arredor de 14 km. Dificultade alta. Esta ruta foi marcada e promocionada pola Mancomunidade de Concellos Arousa Norte. Na baixada fixemos unha variante da ruta pois nunha parte do sendeiro fixeron unha tala, eliminaron as marcas e deixaron moita ramallada no camiño.
Se queres, podes comentar algo sobre esta ruta, pinchas en "comentarios" e vas seguindo os pasos que che indican, o máis doado e que a publiques como anónimo, onde pon "comentar como" e no comentario pos o nome ou seudónimo.