viernes, 23 de diciembre de 2011

15 de xaneiro saída Petroglifos Porto do Son



 O domingo 15 de xaneiro fixemos unha ruta na que vimos dous petroglifos polo Concello de Porto do Son. Os puntos de encontro foron ás 9 da mañá en Boiro, diante da Casa da Cultura (Avda. da Constitución) e ás 9.30 na Praia do Dique, (ponte da carretera vella) en Queiruga - Porto do Son, km 93 de la Ac 550 ao pasar Queiruga, unha curva pechada a man esquerda, un desvio a man esquerda antes do camping de Baroña.Si se ven de Noia km 93 desvio á dereita despois do camping.




   Se foi por piñeirais e acantilado ata cerca do castro, cruzouse a carretera para chegar a Baroña e os petroglifos do monte Gurita, aquí empezou a subida suave. A ruta sigue subindo ata a carretera do Enxa onde se endurece un pouco a subida aunque non é moi longo, bonitas vistas. Dende aí se vai por unha pista moi boa con lixeira subida bordeando o monte ata quedar por riba do Son onde hai outro petroglifo pequeno.Seguimos a pista ata Montemuiño e empezamos a baixada por corredoiras que unen as aldeas ata o final, con algún repecho pero pouca cousa.
Neste enlace está colgada a ruta e o perfil. http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2345769

   Dificultade: media. Duración estimada da ruta de andar  4 horas e media (paradas incluidas) . Kilómetros: 16.


.


lunes, 12 de diciembre de 2011

sabado 17 de decembro Belen de Cumes (Concello de Lousame) e domingo 18 decembro Minas de San Finx (Vintedouspes)

Ola, o sábado 17 de decembro o Concello de Lousame organiza 2 actividades Belen de Cumes e Ruta de sendeirismo Tállara - Iroite.
BELEN DE CUMES 2011  
Turismo e Deportes do Concello organiza un ano máis o Belén de Cumes. Nesta ocasión farase un percorrido de 4 Km saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara ata o muiño da Barreira.
Información e Inscrición no teléfono 981 820 494


RUTA TÁLLARA-IROITE

A Concellería de Turismo e Deportes do Concello propón para o vindeiro día 17, a inauguración da nova ruta de sendeirismo, Tállara-Iroite. Trátase dun percorrido de 18 Km cun nivel de dificultade medio-alto saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara. Máis información na Oficina de Deportes do Concello e no tfno. 981 820 494

(para máis información na páxina web do Concello de Lousame) 




****************************************************

Vintedouspes o domingo 18 de decembro repite a ruta de Minas de San Finx, os puntos de encontro son ás 9 menos cuarto diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 e 5 diante do complexo polideportivo A Silva (Lousame). A ruta realizarase como se fixo o 13 de novembro, tamén haberá visita guiada ao museo (ver máis información na entrada deste blogue desa saída).
Dificultade: media-alta, ata as Minas de San Finx temos unha ascensión moderada, pero dende aí ata o alto de Aguieira hai unha ascensión pronunciada, aproximadamente partimos de 70 metros de altitude, As Minas de San Finx están arredor de 170 m de altitude e despois ascendemos ata 400 m de altitude aproximadamente. Duración estimada 5 horas e media (dende que saimos de A Silva ata que regresamos, incluindo os 30 minutos de visita guiada ao Museo). Kilómetros: 17 aproximadamente.
Para anotarse (na do domingo) podes chamar a 615 637 227 ou 637 954 090 ou por email: vintedouspes@gmail.com