lunes, 14 de noviembre de 2011

11 de decembro, Rosomil - Río Barbanza


Ponte das Taras
   O domingo 11 de decembro fixemos a ruta Rosomil (Escarabote, Boiro) - Río Barbanza, O punto de encontro é ás 9 h. diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución). Iremos en coches particulares ata Rosomil (leva sobre 5 minutos).    
   Dificultade: media-alta. Duración estimada 5 horas. Kilómetros: 15, 6.

   Iniciamos a ruta en Rosomil, que está a 90 m de altitude, dirixímonos á Ponte das Taras, río Lerez, ascendemos pola Costa de San Paio na Serra do Barbanza, a altitude máis alta nesta ruta é de 529 m,  e chegamos ao Río Barbanza, a unha zona onde fai un bonito canón, posteriormente dirixímonos á Portela e descendemos polas aldeas de Piñeiro e Montaña para volver a Rosomil (ruta circular).

 
    Convén levar calzado axeitado (dependendo do tempo, podemos atoparnos con lama e auga) e tamén recomendamos levar algo de bebida e algo para picar (froitos secos, froita, bocadillo ou barrita enerxética).

       Para anotarse chamade por teléfono ao número 615 637 227 ou mandade un email vintedouspes@gmail.com .

Prégase ser puntuais.
Deberase respetar o medio ambiente.
Rio Barbanza
Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detras que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

IMPORTANTE: Vintedouspes é un grupo de amigos afeccionados ao sendeirismo, non hai ningún seguro que cubra posibles imprevistos, cada un que dos participantes nas saídas se fai responsable de si mesmo. No caso de que alguén lle interese ter un seguro para estas actividades aconsellamos que se faga socio da Federación Galega de Montañismo. 
Rio Lérez