domingo, 25 de septiembre de 2016

Próxima ruta do CMB Vintedouspés: domingo 2 de outubro ruta dos tres santos (San Roquiño, San Mamede e San Francisco) por Tállara (Lousame)

Ruta moderada e circular de 16km. Puntos de encontro ás 9 en Boiro, diante da Casa da Cultura, e ás 9 e 20 na ermida de San Roquiño de Tállara.

Sairemos da capella de San Roquiño ata o conxunto etnografico de Carantoña (muiño,lavadoiro,e fonte).     

Dende ali comenza unha ascension moderada ata a Ermida de San Mamede e a sua carballeria centenaria,seguiremos polo monte con boas vistas da Ria de Arousa e a sua contorna. Baixamos ata a aldea de Abeixon e iremos polo rio ata Pousada co seu peculiar cruceiro emparedado.              

Agora camiñaremos por piñeirais ata a ponte de San Francisco.De volta iremos a beira do rego de Tallara, vendo alguns muiños e pontellas ata chegar o punto  de inicio.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Fin de semana 22 e 23 de outubro do 2016 o Bierzo

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha viaxe de fin de semana ao Bierzo (León) os días 22 e 23 de outubro. Aloxarémonos no Centro de Turismo Rural El Verdenal en Noceda ( http://www.elverdenal.es/ )
Plan previsto (en caso necesario poderase realizar algún cambio): Sairemos o sábado 22 de outubro ás 7 da mañá de Boiro diante da Casa da Cultura e iremos en coches particulares ata Noceda. Sobre as 11 iniciaremos a ruta de fuentes medicinales de Noceda (sobre 10 km, dificultade media, duración estimada 4 h.).
O domingo 23 faremos a ruta circular Peñalba de Santiago – Valle del Silencio (sobre 16 km, dificultade media-alta, duración estimada 6 h.). Almorzaremos ás 7.45, despois iremos nos coches particulares a Peñalba de Santiago. En caso de mal tempo para esta ruta temos de suplente unha ruta polas médulas.
Nesta viaxe permitirase asistir a persoas non federados, farase un seguro de dous días para eles. Os federados doutros clubs que se inscriban deberán mostrar o carné da federación.
Gastos da viaxe por persoa:
- 1 noite con almorzo no CTR El Verdenal 25 €.
- Cea do sábado 15 €.
Para apuntarse nesta viaxe:
- Prazo ata o 7 de outubro
- Hai que ingresar por persoa na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca):
+ Os socios federados do noso club: 40 €
+ Os federados doutros clubs de montaña: 44 €
+ As persoas non federadas: 50 €
- Deixar constancia no ingreso o nome da persoa inscrita.
- Mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe do Bierzo e nome, apelidos, e teléfono (os non federados deberán indicar tamén o nº de dni e a data de nacemento).
Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado e indicando nome e apelidos.
As prazas son limitadas. Reservarase por orde de inscrición.
O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.
Cada un ten que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas enerxéticas) para as rutas do sábado e do domingo. Hai que levar auga para as rutas e calzado axeitado para andar por montaña.
Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se devolverán os 15 € da cea, sempre que se avise con 3 días de antelación.
Os que se inscriban poden estar atentos ao blog do CMB Vintedouspés http://vintedouspes.blogspot.com.es/ por se hai algún cambio e o venres 21 de outubro ao mediodía revisar por se hai alguna nova de última hora.

INFORMACIÓN DAS RUTAS
Sábado, Fuentes medicinales de Noceda: Salimos del barrio de Río, y a partir de ahí inicia un cómodo ascenso, hasta alcanzar la fuente de Juan Álvarez. Luego puede continuar hasta la fuente del Azufre, de agua ferruginosa, bicarbonatada mixta. Dicha fuente hunde sus raíces en un paraje de aspecto selvático, donde vemos una pequeña cascada. El agua tiñe y salpica de color rojizo a quienes se acercan a echar un trago. Y se dice que produce un apetito comparable al de un león.
Muy cerca se halla la fuente de la Salud, cuya agua es oligomineral, clorurada sulfatada mixta. El manantial de la Salud, al que bautizara otrora como manantial de la Doncella -pues el agua brota a chorros por entre un manto de musgo-. Basta asomar la boca al caño, clorurado y salutífero, para sentir las destrezas del líquido elemento.
A partir de estas fuentes el sendero se vuelve cada vez más empinado hasta llegar al mirador de las Peñas de La Gualta o Lagualta, donde el viento de la sierra alivia el sudor de la caminata. Desde esta posición privilegiada se contempla una idílica estampa del valle de Noceda. Ahora comienza el descenso por una pendiente considerable, aunque unas cuerdas, puestas ex profeso en el sendero, ayudan al excursionista en su bajada y le dan seguridad, hasta llegar a la catarata de las Peñas de La Gualta o Lagualta. Un poderoso chorro de agua cae a plomo sobre un pozo desde unos veinte metros de altura.
A lo largo del recorrido encontramos la fuente del Canalijo y la fuente del Rubio, a la que también se puede acceder desde El Mouro por un sendero que se eleva en zig-zag entre robles (fuyacos, decimos en la zona) escobas silvestres y urces. La fuente del Rubio tiene propiedades oligominerales y el agua es bicarbonatada sódica. Los lugareños aseguran que produce todo un baño de bienestar, ya que es saludable para el reuma y fortalece los huesos, da vida y previene la caries.
Desde este punto se divisa al norte el antes citado mirador de La Gualta, riscoso, como un castro o un castillo romántico, gaélico tal vez, nimbado en misterioso color aluminio. Al sur se atisba una parte de Noceda: los barrios de Río y de San Pedro. Y al fondo vislumbramos la cola o cabeza de una culebra tendida en un manto de color verde: el barrio de Vega. La impresionante sierra de La Guiana, al sur, raya el horizonte.
La ruta por el valle de Noceda del Bierzo, donde el supremo elixir de vida es presencia y paisaje al mismo tiempo, está salpicada de color, expresividad, poesía, belleza y vida, lo que la convierte en una de las panorámicas más hermosas que podamos encontrar en el Bierzo.
Texto de Manuel Cuenya
Distancia: sobre 10 km.
Duración:  sobre 4 horas.
Dificultade: media.

Domingo, Peñalba de Santiago - Valle del Silencio: es una ruta circular que permite conocer los espectaculares paisajes desde el cordal de los Montes Aquilanos y sus circos de Pico Tuerto, Silencio y Friguera hasta las frondosas riberas del Río Oza.
Distancia: sobre 16 km.
Duración: sobre 6 horas.

Dificultade: media – alta.

martes, 19 de julio de 2016

Sábado 27 de agosto, atardecer e nocturna por Corrubedo e Tahume.


Por mor dunha lesión vémonos na obriga de suspender a ruta.  Desculpade as molestias.

Puntos de encontro ás 21 horas (9 da tarde) diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución, e ás 21.25 horas faro de Corrubedo.

Empezaremos a ruta seguindo a costa paralelos ás praias de Balieiros e Espiñeirido, despois duns 6 km iremos ata a aldea de Seráns e ascenderemos ao monte Taúme, onde se o tempo o permite disfrutaremos dunhas impresionantes vistas e aproveitaremos para facer unha parade e mirar as estrelas e as constelacións.
Continuaremos polo monte ata a praia da Ladeira e Corrubedo e voltaremos ao punto de inicio, o faro de Corrubedo.
Arredor de 15 km, dificultade: media-baixa, duración estimada: arredor de 4 horas e media.

Ao ser unha ruta nocturna convén que cada persoa leve a súa lanterna, o ideal para sendeirismo son as lanternas frontais, van na frente e deixan as mans libres, casi non se vai por carretera, pero se podes trae chaleco ou algo con material reflectante.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Si te apuntas, o sábado 27 ao mediodia revisa o blogue de Vintedouspés http://vintedouspes.blogspot.com.es/ por se xurde algún problema e hai que realizar algún cambio na actividade.

viernes, 17 de junio de 2016

domingo 17 de xullo: Laxe – Arou (Costa da Morte). Ruta de portas abertas


Domingo 17 de xullo: Laxe – Arou (etapa do Camiño dos Faros, Costa da Morte).

Información da ruta
Distancia: 18 km, dificultade: Media-baixa

A etapa comeza en Laxe, desde alí, diriximonos ao Faro por la Ruta da Insua. Desde o faro temos unha ampla panorámica da Ría de Corme e Laxe e de toda a ruta que nos espera ata chegar a Camelle.

Moi cerca do faro, disfrutaremos de duas curiosidades da naturaleza: a Furna da Espuma e a Praia dos Cristales. A partir de aí, iniciamos unha senda que nos levará ata o Peñón de Soesto, cunhas impresionantes vistas de toda a Ruta da Insua e da praia de Soesto. Despois percorrecomos a Punta de Catasol e a Praia de Arnado, para chegar á praia e as lagoas de Traba, onde podemos contemplar gran cantidade de aves.

Desde Mordomo, ao final da praia de Traba, sale un camino que nos llevará por outra paisaxe espectacular deste Camiño dos Faros. En dirección a Camelle vamos polo mundo das grandes pedras ata chegar á cala de Sabadelle, antigo porto baleeiro.

Camelle é outro punto clave da ruta. Entramos pola praia e pequeno porto pesqueiro para chegar ao muelle onde están os restos do Museo de Man. Desde alí, o final da etapa levanos por pequenos camiños costeiros ata Arou, onde termina esta intensa ruta do Camiño dos Faros.

Seguimos o track dos Traski (Camiño dos faros) http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7514126 , fixeron de guias Javi, Concha, Moncho (Rianxo-Taragoña) e Chus.
En comentarios podedes dicir o que máis vos gustou, o que menos, ...






















PEDRA

Tensas as veas
tódolos meus átomos prensados nun bloque
frío
e quente
duro
e brando
ríspido
e lene
ermo
e vizoso
¿Que sol pode derreterme?
¿Que xiada pode agretarme?
Tódolos raios estrélanse contra a miña coiraza gris
Non hai barreno que me estoupe,
nin panca que me erga,
rodo que me rode costa abaixo cara ó soño?
¡Canta imobilidade eterna!
¡Canto tarda en pasar unha vida de granito!
¡Canto tarda en morrer unha vida de granito!

Poema de Cesar Antonio Molina no libro "El fin de Finisterre. Viaje a Costa da Morte"









Domingo 3 de xullo do 2016, Cuntis: Castrolandín e ríos Umia e Gallo.


O domingo 3 de xullo, Cuntis: Castrolandín e ríos Umia e Gallo.
Puntos de encontró ás 8.15, como eses días Boiro está en festas quedamos noutro sitio de Boiro, na Boqueira de A Negral (Avda da Constitución, Praza con aparcamento cerca da piscina), e ás 8.45 no cemiterio de Cuntis.

Ruta de senderismo de 15 km. aproximadamente que transcurre bastante so seu perecorrido pola beira dos ríos Umia e Gallo. Tempo estimado arredor de 5 horas e cuarto. Dificultade: esta ruta de esforzo físico é media, pero tede en conta que ao ir pola beira dos ríos hai certos puntos que son técnicamente algo complicados, non é perigoso, pero hai que ir con coidado, polo que é importante levar calzado axeitado para andar pola montaña.

Saida do cemiterio de Cuntis (dende o Barbanza ao chegar a Cuntis, hai un cruce con semáforo, hai que coller á dereita e a uns 100 m. está o cemiterio). Seguimos a rúa da Palma, pasamos o cuartel da Garda Civil e a 50 metros collemos cruce a esquerda, ao pouco deixamos o asfalto e comenzan os camiños de terra ata o final do percorrido. Seguimos polo Pazo, collemos a esquerda e subimos polo regato da Patela, cruzamos o rego para visitar o castro de Castrolandín, volvemos cara o Patela para aascender ao alto de Laxos. Dende aí seguimos o camiño para chegar a pedra do Furado, baixamos pola carballeira e collemos o camiño que nos levará ata Xinzo. Despois seguimos cara Rebordelo e dende ahí baixamos xa para o río Umia. Pasamos a piscifactoria e seguimos sempre pola marxe do río pasando os muiños da Louriña, a ponte de Olimpio, o aserradero de Novo, a desembocadura do río Gallo no Umia e ahí seguimos xa pola marxe do río Gallo, pasando os pasos da Taboada, o Muiño da Taboada, o Muiño de Meira e A Louriña, a Ponte de Nieto, Pasos de Meira e chegada a Cuntis, saindo diante da gasolineira e volvemos ao punto de inicio.

A cria atopada, despois de recibir coidados durante 3 días xa poido voar e foi posta en liberdade.


Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13906465